Widgets do IGE


Un WIDGET é unha aplicación que se pode incrustar, por exemplo, nunha páxina web calquera. Para levalo á túa páxina web, simplemente tes que copiar unhas liñas de código e pegalas na túa web.


O IGE proporciona cinco widgets:

  • O Widget dos Principais indicadores de Galicia permite levar a calquera páxina web a última información sobre os principais indicadores que serven para seguir a evolución da economía galega.
  • O Widget dos Principais indicadores gráficos de Galicia permíteche incrustar gráficos na túa web dos principais indicadores conxunturais da economía galega.
  • O Widget dos Datos básicos de Galicia permite levar a calquera páxina web a última información sobre os principais datos básicos da comunidade galega.
  • O Widget dos Datos básicos provinciais permite levar a calquera páxina web a última información sobre os principais datos básicos das provincias galegas.
  • O Widget dos Principais indicadores municipais permíteche levar a calquera páxina web a última información sobre os datos máis destacados dun concello.

Condicións de uso

  • Comprométese a non modificar o contido do widget e a non eliminar o texto "Widget proporcionado polo IGE", conservando o icono do IGE.
  • O IGE pede cancelar en calquer momento o servizo.
  • A inclusión dun widget do IGE non supón ningun tipo de relación entre o sitio web que o incluíra e o IGE.
  • O IGE resérvase o dereito de modificar estas condicións en calquera momento, así como de finalizar esta relación e cancelar o seu uso.

Este sitio web utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para optimizar o seu uso. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Se continúa navegando considérase que acepta o seu uso. Coñeza a nosa política de cookies