Definicións. Finanzas da Administración local / Finanças da Administração local


Dereitos recoñecidos

Son dereitos efectivamente ingresados ou que están pendentes de cobrar que xorden como consecuencia de acontecementos pasados, en virtude dos que o debedor queda obrigado a satisfacer á entidade unha determinada cantidade de diñeiro, nun momento concreto coas condicións que se derivan do seu soporte documental; son netos cando non inclúen os dereitos cancelados ou anulados.

Obrigas recoñecidas

Son débedas que supoñen pasivos para a parte debedora que proveñen de transaccións, acordos ou acontecementos de natureza orzamentaria ou non orzamentaria acontecidos en tempo pasado, en virtude dos que a entidade se comprometeu a realizar, ao vencemento da mesma, unha prestación avaliada economicamente; son netas cando non inclúen as obrigas canceladas ou anuladas.


 
IGE - Instituto Galego de Estatística Xunta de Galicia Eurorregión Galicia-Norte de Portugal (AECT) Comissão de Coordenação de Desenvolvimento Regional do Norte Agrupación europea de cooperación territorial Galicia Norte de Portugal