cabeceira

Definicións. Ciencia, tecnoloxía e sociedade da información / Ciência, tecnologia e sociedade da informação


Gastos en actividades internas de I+D

Considéranse gastos en actividades de I+D a todas as cantidades destinadas a actividades de I+D, realizadas dentro da unidade ou centro investigador (gastos internos) ou fóra destes (gastos externos), calquera que sexa a orixe de fondos. Os gastos internos comprenden tanto os gastos correntes como os de capital. Por convenio exclúese o IVA deducible facturado polos provedores.

Investigación científica e desenvolvemento tecnolóxico (I+D)

Defínese como o conxunto de traballos creativos que se emprenden de modo sistemático co fin de aumentar o volume de coñecementos, incluídos o coñecemento do home, a cultura e a sociedade, así como a utilización de esa suma de coñecementos para crear novas aplicacións.
A I+D engloba tres tipos de actividades:

  • Investigación básica: consiste en traballos orixinais, experimentais ou teóricos, que se emprenden principalmente para obter novos coñecementos sobre os fundamentos dos fenómenos e dos feitos que son observables, sen estar dirixida a unha aplicación ou utilización determinada.
  • Investigación aplicada: tamén consiste en traballos orixinais emprendidos coa finalidade de adquirir novos coñecementos. Non obstante, está dirixida fundamentalmente cara un obxectivo práctico específico.
  • Desenvolvemento tecnolóxico: consiste en traballos sistemáticos baseados en coñecementos existentes, obtidos mediante investigación e/ou experiencia práctica, que se dirixen á fabricación de novos materiais, produtos ou dispositivos; a establecer novos procesos, sistemas e servizos; ou á mellora substancial dos xa existentes.
Investigação e Desenvolvimento
Todo o trabalho criativo prosseguido de forma sistemática, com vista a ampliar o conjunto dos conhecimentos, incluindo o conhecimento do homem, da cultura e da sociedade, bem como a utilização desse conjunto de conhecimentos em novas aplicações.

Persoal en actividades de I+D

Inclúese como persoal en I+D, a todo o persoal empregado directamente en actividades de I+D, sen distinción do nivel de responsabilidade, así como os que subministran servizos ligados directamente aos traballos de I+D, como xerentes, administradores e persoal de oficina. Exclúense as persoas que realizan servizos indirectos como o persoal de cantina, seguridade, mantemento, ...

  • Persoal a xornada completa en I+D: Persoas que empregan polo menos o noventa por cento da súa xornada laboral en actividades de I+D.
  • Persoal a xornada parcial en I+D: Persoas que dedican aproximadamente entre o dez e o noventa por cento da súa xornada laboral a actividades de I+D e o resto a actividades doutro tipo. Inclúense tamén as persoas que realizaran actividades de I+D durante un período de tempo inferior ao ano natural.
  • Equivalencia a xornada completa do persoal de dedicación parcial: Suma das fraccións de tempo que dedicaron a actividades de I+D.
  • Persoal empregado en actividades de I+D en equivalencia a xornada completa: Suma do persoal que traballa en réxime de xornada completa máis a equivalencia a dita dedicación do persoal que traballa en réxime de xornada parcial.
Pessoal em Actividades de Investigação e Desenvolvimento
Todo o pessoal diretamente afeto às atividades de investigação e desenvolvimento, tal como os investigadores e as pessoas que fornecem serviços diretamente ligados às atividades de I&D, designadamente gestores de I&D, pessoal técnico em atividades de I&D e outro pessoal de apoio às atividades de I&D.

 
pé Agrupación europea de cooperación territorial Galicia Norte de Portugal IGE - Instituto Galego de Estatística Comissão de Coordenação de Desenvolvimento Regional do Norte Eurorregión Galicia-Norte de Portugal (AECT) Xunta de Galicia