ÍNDICE


Introdución

A Explotación do movemento natural da poboación proporciona información sobre os principais fenómenos demográficos (nacementos, defuncións e matrimonios) e, xunto coa Explotación dos movementos migratorios, permite estudar a evolución e as características dunha poboación ao longo do tempo. A poboación obxecto de estudo son os nacementos de nais residentes en Galicia, as persoas falecidas con residencia en Galicia e os matrimonios que teñen previsto fixar a súa residencia en Galicia.

Evolución dos nacementos, defuncións e matrimonios

O número de defuncións en Galicia no ano 2023 foi de 32.782, 2.214 menos que no ano 2022. Por outra parte, o número de nacementos continúa o descenso iniciado no ano 2009 e sitúase no ano 2023 en 14.004.

O saldo vexetativo ou crecemento natural da poboación calcúlase como a diferenza entre o número de nacementos producidos nun ano e o número de defuncións. Un saldo vexetativo negativo indica que se produciron máis defuncións que nacementos. Como resultado da diminución das defuncións no último ano, o saldo vexetativo en Galicia pasa de -20.501 no ano 2022 a -18.778 en 2023. Hai máis de 30 anos que Galicia non presenta un saldo vexetativo positivo.

Evolución do número de nacementos, defuncións e do saldo vexetativo. Galicia. 1975-2023

Unidade: Número

                      Fonte: IGE, INE. Movemento natural da poboación. (descarga da táboa)



En Galicia, no ano 2023, só 3 dos 313 concellos presenta un saldo vexetativo positivo. Polo que respecta aos concellos das sete grandes cidades galegas, todos eles presentan un saldo negativo.


Saldo vexetativo por concellos. Ano 2023

Unidade: Número

                              Fonte: IGE, INE. Movemento natural da poboación. (descarga da táboa)


Nacementos

O número de nacementos sitúase en Galicia no ano 2023 en 14.004 , un 3,39% menos que os rexistrados no ano 2022. O 78,26% dos nacementos do ano 2023 corresponden a nais con residencia nas provincias da Coruña e Pontevedra.

Nacementos. Galicia e Provincias
Unidade: Número, porcentaxe
2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 Taxa de variación 2022-2023 Distribución provincial
Galicia 19.062 18.445 16.560 15.718 15.247 14.787 14.495 14.004 -3,39 100,00
A Coruña 8.339 7.745 7.132 6.614 6.458 6.318 6.159 6.004 -2,52 42,87
Lugo 2.101 2.082 1.959 1.705 1.679 1.622 1.734 1.705 -1,67 12,18
Ourense 1.781 1.709 1.486 1.469 1.460 1.399 1.341 1.339 -0,15 9,56
Pontevedra 6.841 6.909 5.983 5.930 5.650 5.448 5.261 4.956 -5,80 35,39

                      Fonte: IGE, INE. Movemento natural da poboación. (descarga da táboa)

Nacementos por concellos. Ano 2023

Unidade: Número

                              Fonte: IGE, INE. Movemento natural da poboación. (descarga da táboa)



Os datos dos nacementos segundo a idade da nai constatan o retraso na idade á que as mulleres galegas teñen os seus fillos. Así, no ano 2023 o 79,08% dos nacementos en Galicia foron de nais de 30 ou máis anos de idade; mentres os nacementos nese grupo de idade representaban hai dez anos o 76,78%. No ano 2023 os nacementos de nais de 40 e máis anos representan xa o 14,67% do total de nacementos, fronte ao 8,55% do ano 2013.

Nacementos segundo o grupo de idade da nai. Galicia
Unidade: Número, porcentaxe
Idade da nai 2013 2023 Distribución 2013 Distribución 2023
Total 19.727 14.004 100,00 100,00
Menos de 15 4 2 0,02 0,01
15-19 291 171 1,48 1,22
20-24 1.076 765 5,45 5,46
25-29 3.210 1.992 16,27 14,22
30-34 7.206 4.430 36,53 31,63
35-39 6.254 4.590 31,70 32,78
40-44 1.571 1.807 7,96 12,90
45-49 106 228 0,54 1,63
50 e máis 9 19 0,05 0,14

  

                              Fonte: IGE, INE. Movemento natural da poboación. (descarga da táboa)



Defuncións

No ano 2023, rexistráronse en Galicia 32.782 defuncións. O 52,96% das defuncións corresponden a persoas de 85 e máis anos. A análise da distribución das defuncións en cada un dos sexos permite comprobar que nas mulleres as defuncións prodúcense a idades máis avanzadas que no caso dos homes. Non obstante, a meirande parte das defuncións prodúcense en idades cada vez máis tardías; o 54,76% dos homes que faleceron tiñan 80 e máis anos e no caso das mulleres a porcentaxe que pertencía a ese grupo de idade era o 76,85%.

Defuncións segundo o sexo e a idade do falecido. Galicia. Ano 2023
Unidade: Número, porcentaxe
Idade Total Homes Mulleres Distribución Total Distribución Homes Distribución Mulleres
Total 32.782 16.332 16.450 100,00 100,00 100,00
45-49 322 213 109 0,98 1,30 0,66
50-54 566 393 173 1,73 2,41 1,05
55-59 906 620 286 2,76 3,80 1,74
60-64 1.420 967 453 4,33 5,92 2,75
65-69 1.720 1.190 530 5,25 7,29 3,22
70-74 2.295 1.526 769 7,00 9,34 4,67
75-79 3.454 2.140 1.314 10,54 13,10 7,99
80-84 4.226 2.323 1.903 12,89 14,22 11,57
> 84 17.360 6.621 10.739 52,96 40,54 65,28

Fonte: IGE, INE. Movemento natural da poboación. (descarga da táboa)


Defuncións segundo a provincia de residencia do falecido. Galicia
Unidade: Número, porcentaxe
Espazo 2023 Distribución Provincial
Galicia 32.782 100,00
A Coruña 13.005 39,67
Lugo 5.082 15,50
Ourense 4.759 14,52
Pontevedra 9.936 30,31

  

Fonte: IGE, INE. Movemento natural da poboación. Descarga das táboas (Distribución provincial) (Defuncións segundo a idade)


Matrimonios

No ano 2023, rexistráronse en Galicia 9.028 matrimonios; 212 do mesmo sexo. Por provincias, A Coruña e Pontevedra foron nas que se rexistraron maior número de matrimonios, 3.967 e 3.222 respectivamente, mentres que en Ourense só se alcanzaron os 830 matrimonios no ano 2023.

Matrimonios segundo o tipo de matrimonio. Galicia
Unidade: Número, taxa de variación interanual
2022 2023 Taxa de variación interanual
Total 9.508 9.028 -5,05
Home e Muller 9.268 8.816 -4,88
Home e Home 115 106 -7,83
Muller e Muller 125 106 -15,20

Fonte: IGE, INE. Movemento natural da poboación. (descarga da táboa)

Nos matrimonios de diferente sexo pódese comprobar tamén un retraso nas idades ás que os homes e as mulleres se casan. Así en Galicia, no ano 2023 o 84,52% das mulleres e o 90,54% dos homes tiñan 30 e máis anos;hai dez anos estas porcentaxes situábanse no 71,32% e no 82,58% respectivamente.


  

Fonte: IGE, INE. Movemento natural da poboación. (descarga da táboa)


  

Fonte: IGE, INE. Movemento natural da poboación. (descarga da táboa)


Datos trimestrais

Defuncións segundo sexo. Datos trimestrais. Galicia

Unidade: Número, porcentaxe

Defuncións Homes Mulleres Taxa de variación interanual
2023/III 7.443 3.689 3.754 -13,72
2023/IV 8.489 4.166 4.323 -3,64
2024/I 9.267 4.524 4.743 -0,15
2024/II 7.991 3.952 4.039 5,58
2024/III 7.365 3.626 3.739 -1,05
Fonte: IGE, INE. Movemento natural da poboación. Ano 2024 datos avance. (descarga da táboa)

Evolución do número defuncións por meses. Galicia. Serie 1998-2024

Unidade: Número

Fonte: IGE, INE. Movemento natural da poboación. Ano 2024 datos avance. (descarga da táboa)


Nacementos segundo sexo. Datos trimestrais. Galicia

Unidade: Número, porcentaxe
Nacementos Homes Mulleres Taxa de variación interanual
2023/III 3.590 1.813 1.777 -7,24
2023/IV 3.627 1.867 1.760 -2,84
2024/I 3.318 1.732 1.586 -0,33
2024/II 3.253 1.693 1.560 -5,93
2024/III 3.418 1.779 1.639 -4,79
Fonte: IGE, INE. Movemento natural da poboación. Ano 2024 datos avance. (descarga da táboa)

Evolución do número nacementos por meses Galicia. Serie 1998-2024

Unidade: Número

Fonte: IGE, INE. Movemento natural da poboación. Ano 2024 datos avance. (descarga da táboa)


Matrimonios segundo tipo. Datos trimestrais. Galicia

Unidade: Número, porcentaxe
Matrimonios Diferente sexo Mesmo sexo Taxa de variación interanual
2023/III 3.528 3.450 78 -7,57
2023/IV 1.774 1.728 46 -7,31
2024/I 1.293 1.245 48 0,62
2024/II 2.514 2.444 70 2,99
2024/III 3.563 3.464 99 0,99
Fonte: IGE, INE. Movemento natural da poboación. Ano 2024 datos avance. (descarga da táboa)

Evolución do número matrimonios por meses. Galicia. Serie 1998-2024

Unidade: Número

Fonte: IGE, INE. Movemento natural da poboación. Ano 2024 datos avance. (descarga da táboa)

Nota: A partir do último trimestre do ano 2019, debido a un cambio na recollida dos datos de matrimonios, cambiouse o criterio da residencia do matrimonio para os datos provisionais (ver metodoloxía). Os datos de matrimonios do mesmo sexo corresponden aos celebrados a partir do 3 de xullo de 2005, data de entrada en vigor da Lei 13/2005, pola que se modifica o Código civil en materia de dereito a contraer matrimonio.

Definicións, fontes e máis información

Definicións

Descarga de datos