Resumo de resultados


 Enquisa de poboación activa (EPA)


Introdución

A Enquisa de poboación activa (EPA) é unha investigación por mostraxe, continua e dirixida aos fogares que o Instituto Nacional de Estadística (INE) realiza dende 1964. En xullo de 2008 firmouse un convenio de colaboración entre o INE e o Instituto Galego de Estatística (IGE) para a duplicación da mostra no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia. O obxectivo da ampliación da mostra é permitir a análise da poboación galega en relación coa actividade económica cunha maior desagregación do que se viña facendo ata o momento. Como resultado deste convenio, a partir do terceiro trimestre de 2009 incorpórase á operación a mostra adicional recollida polo IGE, utilizando idéntica metodoloxía e o mesmo sistema de traballo de campo que o INE.

A finalidade principal da EPA é coñecer a actividade económica no relativo ao seu compoñente humano. Está orientada a dar datos das principais categorías poboacionais en relación co mercado de traballo (poboación ocupada, parada, activa e inactiva) e a obter clasificacións destas categorías segundo diversas características. Tamén posibilita confeccionar series temporais homoxéneas de resultados.

A EPA incorporou as cifras do Censo de poboación e vivendas do INE de 2021 ás súas estimacións dos anos 2021 en diante. Para máis información consultar a seguinte ligazón.


Poboación activa


No primeiro trimestre de 2024 a poboación galega de 16 ou máis anos situouse en 2.368.000 persoas, das cales 1.259.300 clasifícanse como activas, o que sitúa a taxa de actividade no 53,2%. Con respecto ao trimestre anterior, o número de activos e de activas aumenta en 8.500 persoas e a taxa de actividade aumenta 0,3 puntos respecto ao cuarto trimestre de 2023.


Poboación de 16 ou máis anos segundo a relación coa actividade económica. Galicia. Primeiro trimestre de 2024
Unidade: Miles de persoas, tanto por cento
Dato do trimestre actual Variación absoluta respecto ao trimestre pasado (miles de persoas) Variación relativa respecto ao trimestre pasado (tanto por cento) Variación absoluta respecto ao mesmo trimestre do ano pasado (miles de persoas) Variación relativa respecto ao mesmo trimestre do ano pasado (tanto por cento)
Total 2.368,0 3,6 0,2 14,4 0,6
Activos 1.259,3 8,5 0,7 21,0 1,7
Poboación ocupada 1.127,7 -8,2 -0,7 24,4 2,2
Poboación parada 131,6 16,7 14,5 -3,4 -2,5
Inactivos 1.108,7 -4,9 -0,4 -6,6 -0,6
Fonte: INE-IGE. Enquisa de poboación activa (descarga da táboa)


Con respecto ao mesmo trimestre de 2023, o número de persoas activas aumenta en 21.000 persoas e a taxa de actividade aumenta 0,6 puntos porcentuais.


Taxas de actividade segundo o sexo. Galicia. Primeiro trimestre de 2024
Unidade: Tanto por cento
Dato do trimestre actual Variación absoluta respecto ao trimestre pasado Variación absoluta respecto ao mesmo trimestre do ano pasado
Total 53,2 0,3 0,6
Homes 57,5 0,4 0,9
Mulleres 49,3 0,2 0,3
Fonte: INE-IGE. Enquisa de poboación activa (descarga da táboa)


Por sexo, a taxa de actividade masculina aumenta 0,4 puntos respecto á cifra rexistrada hai 3 meses, situándose no 57,5%. A taxa de actividade feminina, pola súa banda, rexistra unha variación positiva cifrada en 0,2 puntos, ata situarse no 49,3%.


Poboación activa segundo o sexo. Galicia. Primeiro trimestre de 2024
Unidade: Miles de persoas, tanto por cento
Dato do trimestre actual Variación absoluta respecto ao trimestre pasado (miles de persoas) Variación relativa respecto ao trimestre pasado (tanto por cento) Variación absoluta respecto ao mesmo trimestre do ano pasado (miles de persoas) Variación relativa respecto ao mesmo trimestre do ano pasado (tanto por cento)
Total 1.259,3 8,5 0,7 21,0 1,7
Homes 647,7 5,0 0,8 11,5 1,8
Mulleres 611,6 3,5 0,6 9,6 1,6
Fonte: INE-IGE. Enquisa de poboación activa (descarga da táboa)

Poboación ocupada


A ocupación diminúe en 8.200 persoas no primeiro trimestre de 2024 respecto á cifra do trimestre anterior e sitúase en 1.127.700 persoas ocupadas. A taxa de ocupación tamén diminúe con respecto ao trimestre pasado e sitúase no 47,6%.

Nos últimos doce meses o número de ocupados e de ocupadas aumentou en 24.400 persoas, o que supón un incremento do 2,2% en termos relativos.


Taxas de ocupación segundo o sexo. Galicia. Primeiro trimestre de 2024
Unidade: Tanto por cento
Dato do trimestre actual Variación absoluta respecto ao trimestre pasado Variación absoluta respecto ao mesmo trimestre do ano pasado
Total 47,6 -0,4 0,7
Homes 51,7 -0,6 0,8
Mulleres 43,9 -0,3 0,7
Fonte: INE-IGE. Enquisa de poboación activa (descarga da táboa)


Por sexo, neste trimestre diminuíu tanto a ocupación masculina como a feminina: o número de ocupados varóns diminúe en 6.000 persoas respecto ao cuarto trimestre do ano 2023; a ocupación das mulleres, pola súa banda, rexistrou unha diminución de 2.200 persoas. En termos de taxas, isto tradúcese nunha diminución da taxa de ocupación masculina de 0,6 puntos e dunha diminución da taxa feminina en 0,3 puntos con respecto ao trimestre pasado.

Con respecto ao primeiro trimestre do ano 2023, o número de homes ocupados aumenta en 10.800 persoas (un 1,9%), mentres que o de mulleres ocupadas aumentou nun 2,6%.


Poboación ocupada segundo o sexo. Galicia. Primeiro trimestre de 2024
Unidade: Miles de persoas, tanto por cento
Dato do trimestre actual Variación absoluta respecto ao trimestre pasado (miles de persoas) Variación relativa respecto ao trimestre pasado (tanto por cento) Variación absoluta respecto ao mesmo trimestre do ano pasado (miles de persoas) Variación relativa respecto ao mesmo trimestre do ano pasado (tanto por cento)
Total 1.127,7 -8,2 -0,7 24,4 2,2
Homes 582,9 -6,0 -1,0 10,8 1,9
Mulleres 544,8 -2,2 -0,4 13,6 2,6
Fonte: INE-IGE. Enquisa de poboación activa (descarga da táboa)


Atendendo aos sectores de actividade económica (segundo a CNAE-2009), o número de persoas ocupadas neste trimestre diminuíu na industria e no sector servizos, pero aumentou no sector primario e na construción. Na agricultura e pesca, o incremento da poboación ocupada cifrouse en 400 traballadores e traballadoras máis que hai 3 meses. Na construción a ocupación aumenta en 3.300 persoas respecto ao trimestre anterior. O sector servizos foi o que rexistrou o maior descenso, con 11.600 persoas menos. Na industria a ocupación diminuíu en 200 persoas.


Con respecto ao mesmo trimestre de 2023, a ocupación aumentou en todos os sectores: no sector primario, un 7,9%; na industria, un 7,5%; na construción, 3,6%; e no sector servizos, un 0,5%.


Poboación ocupada segundo sectores de actividade. Galicia. Primeiro trimestre de 2024
Unidade: Miles de persoas, tanto por cento
Dato do trimestre actual Variación absoluta respecto ao trimestre pasado (miles de persoas) Variación relativa respecto ao trimestre pasado (tanto por cento) Variación absoluta respecto ao mesmo trimestre do ano pasado (miles de persoas) Variación relativa respecto ao mesmo trimestre do ano pasado (tanto por cento)
Total 1.127,7 -8,2 -0,7 24,4 2,2
Agricultura e pesca 74,9 0,4 0,5 5,5 7,9
Industria 173,8 -0,2 -0,1 12,2 7,5
Construción 80,4 3,3 4,3 2,8 3,6
Servizos 798,7 -11,6 -1,4 4,0 0,5
Fonte: INE-IGE. Enquisa de poboación activa (descarga da táboa)


Poboación asalariada


En Galicia había 919.200 persoas asalariadas no primeiro trimestre de 2024, 778.700 con contrato indefinido e os 140.500 restantes con contrato temporal. Con respecto ao trimestre anterior rexístranse 9.900 asalariados e asalariadas máis con contrato indefinido. O número de persoas suxeitas a un contrato temporal diminúe, pola contra, en 11.000 efectivos (o que supón, en termos relativos, unha baixada do 7,3% con respecto ao cuarto trimestre de 2023). No que respecta á variación interanual, a cifra de persoas con contrato indefinido aumentou un 4,4%, e as persoas con contrato temporal diminuíron, pola contra, un 4,7%.

A taxa de temporalidade, calculada como a porcentaxe de persoas con contrato temporal sobre o total de asalariados e asalariadas, sitúase no 15,3%.


Poboación asalariada segundo o tipo de contrato. Galicia. Primeiro trimestre de 2024
Unidade: Miles de persoas, tanto por cento
Dato do trimestre actual Variación absoluta respecto ao trimestre pasado (miles de persoas) Variación relativa respecto ao trimestre pasado (tanto por cento) Variación absoluta respecto ao mesmo trimestre do ano pasado (miles de persoas) Variación relativa respecto ao mesmo trimestre do ano pasado (tanto por cento)
Total 919,2 -1,1 -0,1 25,7 2,9
De duración indefinida 778,7 9,9 1,3 32,6 4,4
Temporal 140,5 -11,0 -7,3 -6,9 -4,7
Fonte: INE-IGE. Enquisa de poboación activa (descarga da táboa)


Poboación parada


No primeiro trimestre de 2024 en Galicia había 131.600 persoas en paro, 16.700 máis que no trimestre anterior. A taxa de paro aumentou 1,3 puntos e sitúase no 10,5%.

Con respecto ao primeiro trimestre do ano 2023, o número de parados e paradas diminúe en 3.400 persoas (un 2,5%) e a taxa de paro, a súa vez, decrece 0,4 puntos en termos interanuais.


Taxas de paro segundo o sexo. Galicia. Primeiro trimestre de 2024
Unidade: Tanto por cento
Dato do trimestre actual Variación absoluta respecto ao trimestre pasado Variación absoluta respecto ao mesmo trimestre do ano pasado
Total 10,5 1,3 -0,4
Homes 10,0 1,6 -0,1
Mulleres 10,9 0,9 -0,9
Fonte: INE-IGE. Enquisa de poboación activa (descarga da táboa)


Por sexo, con respecto ao trimestre anterior, aumenta tanto o paro masculino coma o feminino: o número total de homes parados sitúase en 64.800 persoas (11.000 máis que hai tres meses) e o de mulleres é de 66.800 persoas (5.700 mulleres paradas máis). Ambas as dúas taxas de paro, tanto a masculina como a feminina, incrementáronse, situándose a primeira no 10% e a segunda no 10,9%.

No tocante á variación interanual, o número de parados entre o sexo masculino aumenta en 700 persoas (un 1,1% máis), mentres que o volume de paradas diminúe en 4.100 persoas (un 5,8% menos que hai un ano).


Poboación parada segundo o sexo. Galicia. Primeiro trimestre de 2024
Unidade: Miles de persoas, tanto por cento
Dato do trimestre actual Variación absoluta respecto ao trimestre pasado (miles de persoas) Variación relativa respecto ao trimestre pasado (tanto por cento) Variación absoluta respecto ao mesmo trimestre do ano pasado (miles de persoas) Variación relativa respecto ao mesmo trimestre do ano pasado (tanto por cento)
Total 131,6 16,7 14,5 -3,4 -2,5
Homes 64,8 11,0 20,4 0,7 1,1
Mulleres 66,8 5,7 9,3 -4,1 -5,8
Fonte: INE-IGE. Enquisa de poboación activa (descarga da táboa)


Fogares


No primeiro trimestre de 2024, o número de fogares nos que todos os seus membros activos están en paro aumenta en 3.300 unidades e sitúase en 49.900 fogares. Respecto ao primeiro trimestre de 2023, esta tipoloxía de fogares diminúe un 12,1%.

Pola súa banda, o número de fogares nos que todos os seus membros activos son ocupados diminúe en 10.500 unidades. O número de fogares nesta situación é de 649.400. En relación co mesmo trimestre do ano anterior hai 14.400 fogares máis nesta situación, o que supón un incremento do 2,3% en termos relativos.


Fogares segundo a tipoloxía de actividade. Galicia. Primeiro trimestre de 2024
Unidade: Miles de fogares, tanto por cento
Dato do trimestre actual Variación absoluta respecto ao trimestre pasado (miles de persoas) Variación relativa respecto ao trimestre pasado (tanto por cento) Variación absoluta respecto ao mesmo trimestre do ano pasado (miles de persoas) Variación relativa respecto ao mesmo trimestre do ano pasado (tanto por cento)
Total 1.127,1 1,8 0,2 10,0 0,9
Fogares con polo menos un activo 769,0 3,8 0,5 9,1 1,2
Todos os activos son ocupados 649,4 -10,5 -1,6 14,4 2,3
Todos os activos son parados 49,9 3,3 7,1 -6,9 -12,1
Con ocupados e parados 69,7 11,0 18,7 1,5 2,2
Fogares nos que non hai ningún activo 358,1 -2,0 -0,6 0,9 0,3
Fonte: INE-IGE. Enquisa de poboación activa (descarga da táboa)


Poboación xuvenil


Dos 329.900 mozos e mozas galegas de entre 16 e 29 anos, 123.700 (o 37,5%) están ocupados/as, 35.500 (o 10,8%) parados/as e os 170.700 (o 51,7%) restantes son inactivos.


Poboación de 16 a 29 anos segundo a relación coa actividade económica. Galicia. Primeiro trimestre de 2024
Unidade: Miles de persoas, tanto por cento
Dato do trimestre actual Variación absoluta respecto ao trimestre pasado (miles de persoas) Variación relativa respecto ao trimestre pasado (tanto por cento) Variación absoluta respecto ao mesmo trimestre do ano pasado (miles de persoas) Variación relativa respecto ao mesmo trimestre do ano pasado (tanto por cento)
Total 329,9 2,2 0,7 7,4 2,3
Activos 159,2 5,1 3,3 10,3 6,9
Poboación ocupada 123,7 -5,0 -3,9 3,4 2,8
Poboación parada 35,5 10,1 39,8 6,8 23,7
Parados que buscan primeiro emprego 10,0 3,9 63,9 1,9 23,5
Parados que xa traballaron 25,5 6,2 32,1 5,0 24,4
Inactivos 170,7 -2,9 -1,7 -2,8 -1,6
Fonte: INE-IGE. Enquisa de poboación activa (descarga da táboa)


A taxa de ocupación deste colectivo sitúase no 37,5% no primeiro trimestre de 2024. Con respecto ao trimestre anterior diminúe 1,8 puntos; con respecto ao mesmo trimestre do ano 2023 aumenta 0,2 puntos.

A taxa de paro xuvenil sitúase no 22,3% neste trimestre; aumenta 5,8 puntos respecto ao trimestre anterior. En comparación co primeiro trimestre de 2023, aumenta 3 puntos.


Taxas de actividade, ocupación e paro da poboación de 16 a 29 anos. Galicia. Primeiro trimestre de 2024
Unidade: Tanto por cento
Dato do trimestre actual Variación absoluta respecto ao trimestre pasado Variación absoluta respecto ao mesmo trimestre do ano pasado
Taxa de actividade 48,3 1,3 2,1
Taxa de ocupación 37,5 -1,8 0,2
Taxa de paro 22,3 5,8 3,0
Fonte: INE-IGE. Enquisa de poboación activa (descarga da táboa)


No primeiro trimestre de 2024, o 73,2% dos ocupados e das ocupadas de entre 16 e 29 anos traballa a xornada completa. Con respecto ao cuarto trimestre de 2023, a cifra de ocupados a xornada completa baixa un 0,7%. A cifra de mozos e mozas ocupadas a xornada parcial tamén diminúe neste trimestre; en concreto, baixa en 4.400 persoas. Con respecto ao primeiro trimestre de 2023, aumenta tanto a ocupación xuvenil que traballa a xornada completa (en 2.800 persoas), como a ocupación a xornada parcial (en 600 persoas).


Poboación ocupada de 16 a 29 anos segundo o tipo de xornada. Galicia. Primeiro trimestre de 2024
Unidade: Miles de persoas, tanto por cento
Dato do trimestre actual Variación absoluta respecto ao trimestre pasado (miles de persoas) Variación relativa respecto ao trimestre pasado (tanto por cento) Variación absoluta respecto ao mesmo trimestre do ano pasado (miles de persoas) Variación relativa respecto ao mesmo trimestre do ano pasado (tanto por cento)
Total 123,7 -5,0 -3,9 3,4 2,8
Completa 90,6 -0,6 -0,7 2,8 3,2
Parcial 33,1 -4,4 -11,7 0,6 1,8
Fonte: INE-IGE. Enquisa de poboación activa (descarga da táboa)


Dos 113.700 asalariados e asalariadas existentes neste trimestre de entre 16 e 29 anos, o 68,4% está vinculado á empresa por medio dun contrato indefinido. O número de mozos e mozas con contrato indefinido aumenta un 1,2% respecto ao trimestre anterior; rexistra un incremento tamén, neste caso do 17,2%, respecto ao mesmo trimestre de 2023. O número de mozos e mozas asalariadas con contrato temporal diminúe un 13,9% respecto ao trimestre pasado, e rexistra unha diminución do 18,4% respecto ao primeiro trimestre de 2023.

A taxa de temporalidade para o colectivo dos mozos e mozas de entre 16 e 29 anos sitúase no 31,7%.


Poboación asalariada de 16 a 29 anos segundo a duración do contrato. Galicia. Primeiro trimestre de 2024
Unidade: Miles de persoas, tanto por cento
Dato do trimestre actual Variación absoluta respecto ao trimestre pasado (miles de persoas) Variación relativa respecto ao trimestre pasado (tanto por cento) Variación absoluta respecto ao mesmo trimestre do ano pasado (miles de persoas) Variación relativa respecto ao mesmo trimestre do ano pasado (tanto por cento)
Total 113,7 -4,9 -4,1 3,2 2,9
De duración indefinida 77,8 0,9 1,2 11,4 17,2
Temporal 36,0 -5,8 -13,9 -8,1 -18,4
Fonte: INE-IGE. Enquisa de poboación activa (descarga da táboa)


Grandes concellos


Se comparamos os datos dos sete grandes concellos galegos (aqueles que superan os 50.000 habitantes), observamos que Lugo e Ourense son os que presentaron as maiores taxas de ocupación (54,7% e 52,4% respectivamente) no primeiro trimestre de 2024. Ferrol é o concello coa menor taxa de ocupación (37,5%). No referido ás taxas de paro, este trimestre Santiago de Compostela é o concello de entre os sete grandes con menor valor (7,4%) e Ferrol o que presenta a taxa de paro máis elevada (18,1%).


Poboación segundo a relación coa actividade económica. Grandes concellos galegos. Primeiro trimestre de 2024
Unidade: Miles de persoas
Total Activos Poboación ocupada Poboación parada Poboación inactiva
A Coruña 213,4 118,8 108,3 10,5 94,6
Lugo 89,7 53,6 49,0 4,6 36,1
Ourense 91,4 52,4 47,9 4,5 39,0
Pontevedra 73,8 41,4 34,2 7,2 32,4
Santiago de Compostela 89,3 49,4 45,8 3,6 39,9
Vigo 259,1 148,6 129,3 19,3 110,5
Ferrol 54,7 25,1 20,5 4,5 29,6
Fonte: INE-IGE. Enquisa de poboación activa (descarga da táboa)

Nota: os resultados dos sete grandes concellos deben tomarse con cautela porque poden estar afectados por elevados erros de mostraxe.


Taxas de actividade, ocupación e paro. Grandes concellos galegos. Primeiro trimestre de 2024
Unidade: Tanto por cento
Taxa actividade Taxa ocupación Taxa paro
A Coruña 55,7 50,7 8,9
Lugo 59,8 54,7 8,5
Ourense 57,3 52,4 8,6
Pontevedra 56,0 46,3 17,4
Santiago de Compostela 55,3 51,3 7,4
Vigo 57,4 49,9 13,0
Ferrol 45,8 37,5 18,1
Fonte: INE-IGE. Enquisa de poboación activa (descarga da táboa)

Nota: os resultados dos sete grandes concellos deben tomarse con cautela porque poden estar afectados por elevados erros de mostraxe.


Definicións, fontes e máis información

Definicións

Descarga de datos

Fontes de información

INE-IGE. Enquisa de poboación activa (EPA)

Este sitio web utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para optimizar o seu uso. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Se continúa navegando considérase que acepta o seu uso. Coñeza a nosa política de cookies

De acordo